Publicador de contidos
Publicador de contidos

Troitiño di que a transición con Iván Corral na FGA non está a ser moi cordial

Troitiño di que a transición con Iván Corral na FGA non está a ser moi cordial

Dentro duns días tomará posesión oficialmente: "O xoves temos a reunión co auditor"

G24.gal 24/01/2023 14:29 Última actualización 24/01/2023 14:36

É tempo de transición na Federacion Galega de Automobilismo que comeza cunha auditoria tras chegada de Toño Troitiño á presidencia. O lalinense substitúe a Iván Corral, que estivo catro décadas no cargo

Nuns días tomará posesión oficialmente pero a transición no cargo co seu precedesor, Iván Corral, non está sendo como agardaba.

"Tiven un par de reunións con Corral, pero non foron moi cordiais. Chegar á Federación e vela desmontada non é agradable".

Así as cousas, o máis urxente para Troitiño é realizar unha auditoría.

"Os familiares de Corral non van seguir".

Tamén traballa nalgún cambios como o cambio de localización da sede, probablemente en Santiago, e reunirase con Pirelli pola exclusividade dos pneumáticos.

"O xoves temos a reunión co auditor".

O calendario galego tamén sufrirá modificacións, pasando de 9 probas a 11.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos