Troitiño continuará como presidente da Federación Galega de Automobilismo
Troitiño continuará como presidente da Federación Galega de Automobilismo
A moción de censura non saíu adiante, ratificando a posición do presidente
Antonio Troitiño seguirá como presidente da federación galega de automobilismo, ao non prosperar a moción de censura presentada por Alfonso García Eiriz. O lalinense leva un ano no cargo e espera que a partir destes momentos poida traballar con tranquilidade.
Cincuenta e tres membros da asemblea da federación votaron na censura a Troitiño e once decidiron non acudir. O presidente suma esas ausencias aos 31 votos a prol da súa xestión, fronte aos 20 contrarios que considera insignificantes.
A enésima revolta no motor galego rematou con Antonio Troitiñio ratificado no seu cargo de presidente e coa pacificación, aínda, como materia pendente na federación.
Troitiño conxúrase agora para poder traballar tranquilo e levar adiante o seu proxecto sen a oposición confrontada que tivo no ano escaso que leva no cargo.
Mensaxe para tres anos que agora ten por diante Antonio Troitiño tras esquivar unha pedra no camiño que non pasou de croio cativo, pero que ameazaba con levar á cuneta o seu mandato.