Os tunos arxentinos e galegos selan unha irmandade musical en Compostela
Os tunos arxentinos e galegos selan unha irmandade musical en Compostela
A música da tuna ofreceu unha oportunidade para estreitar lazos con América Látina, durante o IV Festival dos Camiños en Compostela
No marco deste encontro, uns antigos tunos procedentes da Arxentina e de Santiago actuaron xuntos
Proceden da cidade arxentina de Comodoro Rivadavia pero o seu nacemento está moi vinculado a Galicia. Los Abremiles actuaron en Compostela dentro dunha viaxe artística polo norte de España e Portugal. Boa parte dos seus integrantes teñen aquí as súas raíces familiares.
"Eu veño do Grove, de ver a todos os meus tíos, meus primos. Miña nai nacera alí, así que teño a toda a miña familia no Grove, coma tantos aquí da tuna teñen aquí en Galicia e en Asturias. A maioría somos de aquí".
"Para nós é un soño, vir con 30 tunos aquí a Santiago", di Luis Viegas, presidente de Los Abremiles.
Os anfitrións foron os tunos veteranos da Casa da Troia, que organizan o "Festival dos Camiños".
"Nós levamos desde o ano 2013 nun proxecto de investigación e divulgación de música galega do tempo da Casa da Troia e posterior, música que ademais queremos levar á colectividade do exterior e que mellor xeito que compartila con eles, asegura Benigno Amor, presidente da Asociación de Antigos Tunos Composteláns.
O obxectivo é volver repetir esta irmandade musical na Arxentina.
"Estamos pensando nun festival, se se dá será novembro do ano que vén. Esperamos volver levar os Troianos e os antigos tunos da Coruña e coas tres formacións facer un par de presentacións en Bos Aires, Mar de Plata, talvez ", adianta Viegas.
Con gañns de que siga a ronda, os veteranos universitarios recoñecen que a remuda xeracional é a súa materia pendente.