Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ucraína atopa foxas comúns novas con máis de 200 persoas mortas

Ucraína atopa foxas comúns novas con máis de 200 persoas mortas

Rusia investiga unha explosión na ponte de Crimea á que podería dar resposta

Kíiv celebra os danos na ponte sen aclarar se está detrás do sucedido

G24.gal 08/10/2022 14:25 Última actualización 08/10/2022 14:43

A contraofensiva ucraína segue avanzando no leste e no sur. O presidente Zelenski subliñou que recuperaran máis de 2.400 quilómetros cadrados de territorio invadido polas ropas rusas e que liberaran 96 asentamentos.

Pero non todo son novas boas no lado ucraíno. Nunha das cidades que liberaron, Limán, na rexión de Donetsk, denunciaron que atoparan dous enterramentos masivos.

Segundo explicaron, nun hai uns 200 civís, entre eles familias enteiras e menores de tres anos. No outro cren que foron soterrados tanto civís coma militares e aínda non saben cantos. 

Mentres investigan as foxas para proceder ás exhumacións, continúan encontrando mortos nos edificios de vivendas atacados o xoves en Zaporijia. Xa son 17, entre eles, un cativo.

Explosión na ponte de Crimea

Pola súa parte, Moscova investiga un estoupido na ponte que construíu hai poucos anos para enlazar Rusia coa península de Crimea.

A infraestrutura, estratéxica para o Kremlin, quedou cortada ao tráfico de coches e tamén ao tráfico ferroviario, logo de que estoupara un camión e incendiara sete tanques de combustible que transportaba un tren. O comité investigador di que atoparon ata o momento tres persoas mortas.

Ucraína celebrou os danos na ponte, sen aclarar se está detrás do sucedido. Desde o Kremlin xa dixeran varias veces que un ataque a esta ponte sería unha liña vermella que non deixarían sen resposta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade