Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ucraína chega a un acordo para ceder o 50 % dos seus recursos naturais aos EUA

Ucraína chega a un acordo para ceder o 50 % dos seus recursos naturais aos EUA

O acordo asume unha explotación conxunta no futuro deses minerais, pero non inclúe as esixencias de Trump de quedar con 500.000 millóns de dólares de posibles ingresos

 

O presidente Volodimir Zelenski/Cagla Gurdogan/Reuters O presidente Volodimir Zelenski/Cagla Gurdogan/Reuters
G24.gal 25/02/2025 21:30 Última actualización 25/02/2025 23:42

Ucraína chegou a un acordo cos EUA para destinar o 50 % dos beneficios da explotación dos seus recursos naturais que aínda están por explotar a un fondo de investimento conxunto, no que a parte estadounidense terá un maior poder de decisión e servirá para facer investimentos na economía ucraína. 

O documento final aceptado por Kiev exclúe condicións incluídas en borradores anteriores presentados por EUA que prevían que a contribución ao fondo debía alcanzar os 500.000 millóns de dólares.

Kiev non conseguiu que EUA se comprometa por escrito a seguir apoiando militarmente a Ucraína a cambio dos beneficios económicos que prevé o acordo.

Unha das cláusulas do acordo final prohibe a transferencia de diñeiro do fondo a terceiras partes sen o acordo dos dous países titulares.

Segundo dixo o presidente de EUA, Donald Trump, o presidente ucraíno viaxará a Washington a asinar o acordo nos próximos días.

Trump esixira a Kiev chegar a un compromiso destas características para cobrarse o diñeiro destinado por EUA a axudar a Ucraína a defenderse da agresión rusa.

Zelenski mostrouse reticente a aceptar os termos iniciais do acordo ao consideralos abusivos. Ao mesmo tempo, recoñeceu que Ucraína necesitaba asinar a proposta de EUA para seguir recibindo apoio en materia de seguridade do seu principal aliado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade