Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dispáranse as solicitudes de traballo de profesionais cualificados dos Estados Unidos

Dispáranse as solicitudes de traballo de profesionais cualificados dos Estados Unidos

Aumentou a demanda desde que Donald Trump chegou á Casa Branca e anunciou as súas medidas migratorias

As chamadas profesións de difícil cobertura ven neste movemento unha oportunidade para facerse con persoal cualificado
 

G24.gal 27/02/2025 12:53

En España faltan 20.000 condutores profesionais para autobuses e camións. O problema non deixa de medrar, porque, dos que están en activo, o 70 por cento teñen máis de 50 anos. 

"O traballo realizase só e require dun proceso de adaptación máis dificultoso ca noutros sectores", explica José Fernández, presidente da asociación de transportistas Tradime.

En Galicia, ademais dos choferes, os profesionais máis buscados son: electricistas, soldadores e mecánicos. 

"Xente cualificada non hai e incluso non hai relevo nas escolas de FP", asegura Roberto Lucas, xerente de Talleres Lusitano.

As profesións de difícil cobertura son coas que traballan nesta consultora. Recrutan profesionais fóra da Unión Europea, e nas últimas semanas víronse desbordados polas solicitudes de profesionais dos Estados Unidos.

"Desde que Trump accede ao poder e fai públicas as súas medidas ou as súas intencións si que é verdade que notamos un aumento", di Luis Rubal, da consultora Incutalent.

Cada día fan unhas 40 entrevistas, e o 80 por cento dos aspirantes procede dos Estados Unidos. A maioría, profesionais cunha longa experiencia.

"Xente de América Latina, que levan anos nos Estados Unidos e agora teñen a necesidade de marchar", engade Luis Rubal.

A primeira remesa chegará en mes e medio. Son 23 electricistas, a maioría deles serán contratados en empresas navais de Ferrol. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade