Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ucraína confirma a captura de varios soldados norcoreanos feridos de gravidade

Ucraína confirma a captura de varios soldados norcoreanos feridos de gravidade

Zelenski: "A nación norcoreana non debe perder o seu pobo nas batallas en Europa"

G24.gal 28/12/2024 08:12 Última actualización 28/12/2024 08:54

O presidente de Ucraína, Volodímir Zelenski, asegurou que o exército do seu país logrou capturar varios soldados de Corea do Norte gravemente feridos que, finalmente, faleceron.

Na súa mensaxe diaria dirixida a pasada noite á nación, Zelenski falou da situación na fronte tras celebrar unha reunión cos responsables do Estado Maior do Exército.

Segundo o mandatario ucraíno, na rexión rusa de Kursk, onde o Exército de Kíiv mantén posicións, "o exército norcoreano está involucrado nos combates (xunto aos rusos). Sufriron moitas perdas. Moitas".

"E podemos ver que o exército ruso e as autoridades norcoreanas non teñen ningún interese na supervivencia destes soldados (...) todo está organizado de tal maneira que nos resulta imposible capturar aos coreanos como prisioneiros: a súa propia xente está a executalos, hai casos así. E os rusos envíanos aos asaltos cunha protección mínima".

Para Zelenski, esta é unha das manifestacións da tolemia da que son capaces as ditaduras.

"A nación norcoreana non debe perder o seu pobo nas batallas en Europa. E nisto poden influír, sobre todo, os veciños de Corea do Norte, especialmente A  China. Se A China é sincera nas súas declaracións de que a guerra non debe escalar, debe exercer a presión axeitada sobre Pionyang", subliñou.

Zelenski ofreceu estes detalles despois de que este venres se coñecera que o primeiro soldado norcoreano ferido na guerra de Ucraína e que foi capturado por Kíiv, faleceu por mor "dun empeoramento das súas feridas".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade