Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ucraína pídelle á cidadanía rusa que se opoña aos recrutamentos

Ucraína pídelle á cidadanía rusa que se opoña aos recrutamentos

Zelenski ofrece garantías aos soldados rusos que deserten

G24.gal 25/09/2022 15:00 Última actualización 25/09/2022 18:05

O presidente de Ucraína dirixiuse aos rusos que Putin está recrutando para a guerra. Díxolles que o goberno ruso chámaos porque non lle importan as súas vidas, xa que sabe que os manda á morte.

Zelenski prometeu garantías aos soldados que se rendan. Dixo que serán ben tratados e que non transcenderá que se entregaron.

Fronte ás imaxes de protestas da poboación rusa contra a mobilización militar, chegan outras de homes achegándose aos centros de alistamento. 

No terreo bélico, a contraofensiva das tropas de Kíiv logrou recuperar desde primeiros de setembro milleiros de quilómetros no sur do país e sobre todo no nordeste. 

O ministro de Exteriores ruso indicou que están abertos a conversar coa OTAN sobre a guerra, pero matizou que non van dar o primeiro paso.

Ucraína pediu unha reunión urxente do Consello de Seguridade de Nacións Unidas sobre os referendos de anexión en que Rusia se apoia agora para sumar terreo nas rexións que ocupa total ou parcialmente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade