Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un ano de guerra para as familias ucraínas refuxiadas en Galicia

Un ano de guerra para as familias ucraínas refuxiadas en Galicia

Medran as incertezas mentres avanzan no seu proceso de adaptación

G24.gal 25/02/2023 21:16 Última actualización 25/02/2023 21:39

Os ucraínos que foron chegando a Galicia fuxindo dos horrores da guerra nunca pensaron que estarían tanto tempo lonxe da casa. Un ano despois do inicio da guerra viven nunha incerteza constante, esforzándose por integrarse nun país que os recibiu cos brazos abertos e mirando con valentía cara ao futuro. 

Yuliia Demchenko e a súa familia deixou atrás unha vida tranquila, a ilusión do seu negocio de moda que abandonaron coa colección de primavera nas perchas, lista para saír. Nunca pensaron que, un ano despois, estarían lonxe da casa, pero seguen na Coruña. O primeiro aniversario da invasión coincidiu coa celebración do Entroido.

 "Polo Entroido, o meu fillo fixo un disfrace e foi á festa do colexio. Todo estaba ben, el estaba gozando, ata o momento en que comezaron os fogos artificiais. Nese intre, a festa rematou para el, poúxose triste e pediu volver para a casa".

Yuliaa fala do seu fillo menor. Ten sete fillas máis. Todos están aquí e tamén os seus tres netos. As tres xeracións adáptanse pouco a pouco á cidade. O idioma segue sendo unha barreira, pero están moi agradecidas coa acollida que lles brindou A Coruña e co apoio da Cruz Vermella. Son moi conscientes da situación actual do seu país, pero soñan con volver.

"Pensamos regresar á nosa casa, pero quero volver cando non haxa perigo. Pola nosa vila pasaban os tanques, os nenos escoitábanos e dicían que estaban pasando os dinosaurios polo ruído que facían. Agora hai bombardeos e se cadra aínda é máis perigoso."

A súa arela é volver e comezar desde cero, recuperar unha vida que construíron coa mesma valentía coa que miran o futuro, a pesar da dor e das incertezas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade