Publicador de contidos

Publicador de contidos

Putin propón introducir un goberno temporal en Ucraína para celebrar eleccións e negociar a paz

Putin propón introducir un goberno temporal en Ucraína para celebrar eleccións e negociar a paz

Vladimir Putin, este xoves durante unha visita en Murmansk (Sputnik / Sergei Karpukhin / Pool via Reuters) Vladimir Putin, este xoves durante unha visita en Murmansk (Sputnik / Sergei Karpukhin / Pool via Reuters)
G24.gal 28/03/2025 08:16

O presidente de Rusia Vladimir Putin propuxo introducir un goberno temporal en Ucraína baixo os auspicios da ONU e os Estados Unidos, entre outros, a fin de celebrar eleccións e, tras iso, iniciar negociacións para alcanzar un acordo de paz.

Putin volveu poñer en dúbida a lexitimidade do actual Goberno e suxeriu a necesidade de introducir unha administración temporal do país por organizacións e países estranxeiros a fin de organizar unhas novas eleccións.

Segundo o líder ruso, con este gabinete sería posible asinar documentos lexítimos que serán recoñecidos en todo o mundo e serán fiables. Malia todo, non descarta outras opcións, dixo, poñendo como exemplo Timor Oriental, Papúa Guinea ou zonas da antiga Iugoslavia.

Putin asegurou que está a favor de resolver todos os problemas por medios pacíficos, pero subliñou que debe garantir a seguridade de Rusia desde unha perspectiva histórica a longo prazo, segundo explicou en declaracións á axencia rusa Interfax recollidas por Europa Press.

O mandatario ruso dixera en varias ocasións que as autoridades actuais da Ucraína non son un socio lexítimo para negociar, porque Volodimir Zelenski permaneceu xa no poder máis dos cinco anos que conformaban o mandato para o que foi elixido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade