Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un ano despois da chegada dos primeiros refuxiados ucraínos a Galicia

Un ano despois da chegada dos primeiros refuxiados ucraínos a Galicia

O voluntario que os recolleu na fronteira dá traballo a unha das súas familiares

G24.gal 05/03/2023 12:46 Última actualización 05/03/2023 13:01

Héctor hai un ano, acababa de chegar con nove refuxiados ucraínos a Castroverde. Unha aventura propia de persoas como el, as incapaces de mirar cara a aoutro lado cando ven unha inxustiza, por iso cando os ucraínos pedían auxilio, non tivo dúbidas.

Héctor colleu unha furgoneta e marchou para aló. Estando en Polonia chamouno Lili, unha ucraína que levaba cinco anos residindo en Madrid. Pediulle que trouxera a sua familia que estaba na fronteira. Xa en España Héctor, novemente, ofreceusa para botarlle unha man á familia cando o necesitara.

Dende hai dous meses Lili e a súa filla de pouco máis dun ano viven con Hector e coa súa familia na casa que teñen en Castroverde. A nena de Lili vai a casa niño de Outeiro mentres a nai traballa no obradoiro. Todos están contentos.

Só hai algo do que Lili non quere nin pode falar porque se emociona: e sobre a situación e o futuro do seu país invadido onde, ademais, continúa parte da súa familia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade