Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un ataque terrorista a unha fábrica militar en Turquía deixa 7 mortos e 19 feridos

Un ataque terrorista a unha fábrica militar en Turquía deixa 7 mortos e 19 feridos

Entre os falecidos están os dous asaltantes e o taxista que os levou ata o lugar

G24.gal 23/10/2024 17:15 Última actualización 23/10/2024 20:26

Un asalto terrorista a unha fábrica de aeronaves militares de Ancara, saldouse con sete mortos.

Entre os falecidos hai tres traballadores da fábrica (un vixiante e dous técnicos).

Outros dous foron os propios asaltantes (un home e unha muller que resultaron abatidos alí mesmo. 

Tamén faleceu o condutor do taxi que levou os terroristas ata o lugar.

"Desde o primeiro momento do ataque terrorista, as nosas forzas de seguridade interviñeron e neutralizaron os terroristas", escribiu o presidente turco, Recep Tayyip Erdogan, na rede X unhas catro horas tras o ataque, dando a entender que concluíra.

No asalto houbo ademais 19 feridos, tres deles de gravidade.

Tras chegar os atacantes, producíronse unha ou dúas explosións e houbo un tiroteo prolongado, segundo os medios turcos, que tamén difundiron as imaxes dun home e unha muller armados con fusís de asalto.

O Ministro do Interior dixo que hai unha gran probabilidade de que o atentado o cometese o Partido dos Traballadores do Kurdistán, o PKK. Pero tamén recoñeceu que a información non está confirmada e que os terroristas aínda non foron identificados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar