Un tiroteo en Istambul deixa un falecido durante a misa nunha igrexa católica
Un tiroteo en Istambul deixa un falecido durante a misa nunha igrexa católica
O grupo terrorista Estado Islámico reivindicou este domingo o ataque
O ministro de interior turco confirmou que dúas persoas coa cara cuberta tirotearon outra que asistía á misa e que faleceu.
O grupo terrorista Estado Islámico reivindicou este domingo o ataque contra a igrexa católica de Santa María no barrio Sariyer de Istambul, escenario dun tiroteo que rematou coa morte dun cidadán turco de 52 anos.
A axencia Amaq, afín aos xihadistas, dixo nun comunicado que "dous combatentes do Estado Islámico levaron a cabo un ataque armado contra unha igrexa cristiá" mentres os fieis "realizaban os seus rituais do domingo".
Tamén apuntou que os autores do atentado "se retiraron sans e salvos do lugar da operación", que tivo lugar "en resposta ao chamado dos líderes de Estado Islámico de atacar a xudeus e cristiáns en todas partes".