Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un Bergantiños con dez rabuña un punto do campo do Arenteiro

Un Bergantiños con dez rabuña un punto do campo do Arenteiro

Lamelas marcou na primeira parte e Carlos López igualou de penalti no minuto 87

Jorge Tomé foi expulsado no minuto 63

G24.gal 11/09/2022 19:25

Arenteiro e Bergantiños empataron no campo do Couto (1-1). Mérito para o equipo de Carballo, que tivo a personalidade para refacerse dunha expulsión e lograr a igualada a tres minutos do final. 

O partido amosou o respecto que se tiñan os dous conxuntos. Moitas precaucións defensivas e poucas ocasións. As máis claras foron para o Arenteiro, nas botas do bergantiñán Romay. Un ex do Bergan como Martín Lamelas rematou á rede unha falta e puxo o 1-0 antes do descanso. 

Cambiou o xeito de xogar o Bergan no segundo tempo, pero no 63 atopouse cun xogador menos por expulsión de Tomé. Non lle perdeu a cara ao partido e no 87 o colexiado asubiou un penalti  que transformou Carlos López. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos