Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un brasileiro vinculado a grupos de odio, presunto autor do intento de asasinato de Cristina Fernández

Un brasileiro vinculado a grupos de odio, presunto autor do intento de asasinato de Cristina Fernández

Detido un home que intentou disparar a Cristina Fernández en Bos Aires

A pistola, cargada con cinco balas, atascouse no momento do disparo

O Goberno arxentino di que é o "suceso máis grave da democracia"

Antón Montero 02/09/2022 19:56

Fernando Andrés Sabag Montiel, un brasileiro de 35 anos, levaba 20 vivindo na Arxentina. Tiña antecedentes penais por posesión de armas, lucía tatuaxes neonazis e frecuentaba perfís de grupos de odio en Internet.

A policía atopou dúas caixas con balas na súa casa da localidade de San Martín. É a persoa que ás nove da pasada noite apuntou á cabeza da vicepresidenta Cristina Fernández cando saudaba as persoas que a agardaban na porta da súa casa.

O presidente arxentino, Alberto Fernández, explicou que "Cristina permanece con vida porque, por unha razón aínda non confirmada tecnicamente, a arma, que contaba con cinco balas, non se disparou pese a ser accionado o gatillo".

Alberto Fernández convocou este venres o seu gabinete a unha reunión de urxencia. "É o suceso  máis grave ocorrido desde que recuperamos a nosa democracia", dixo.

O Goberno arxentino decretou día non laborable para condenar a violencia e permitir as exhibicións de solidariedade coa vicepresidenta.

Cristina Fernández, a política máis influínte dun país que presidiu durante dúas lexislaturas, está inmersa nun proceso xudicial por corrupción.

O fiscal pide para ela doce anos de cadea, unha imputación que agravou aínda máis o clima de crispación que vive a sociedade arxentina, aínda que este venres toda a clase política se uniu para condenar o intento de magnicidio.

O suceso mereceu tamén a repulsa internacional, incluída a do Goberno español.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade