Publicador de contidos
Publicador de contidos

O cantante de Lourenzá Jonydasvie, preseleccionado para representar a San Marino en Eurovisión 2023

O cantante de Lourenzá Jonydasvie, preseleccionado para representar a San Marino en Eurovisión 2023

O concurso Una voce per San Marino comeza este sábado no pequeno país enclavado en Italia; del sairá o seu representante de Eurovisión en 2023

O presidente do xurado do concurso é Albano

G24.gal 25/01/2023 09:41

O cantante de Lourenzá Jonydasvie (Jonathan Dasilva) foi preseleccionado para participar no festival en que será elixido o representante da República de San Marino para o festival de Eurovisión 2023, que se celebrará na cidade inglesa de Liverpool no mes de maio.

Jonydasvie, que viaxará a San Marino desde Lourenzá para participar nun casting que terá lugar este sábado, recoñece que se animou a presentarse despois de ver “na rede social Instagram” o anuncio de Una voce per San Marino, o “concurso que fan alí para seleccionar o candidato a Eurovisión, algo parecido ao Benidorm Fest, en España”. O presidente do xurado do concurso en San Marino é o cantante italiano Albano.

“Como teño unha canción moi boa composta recentemente, decidinme a presentala e seleccionáronme. Foi unha sorpresa para min, porque non contaba con que me elixisen. É un tema moi potente, que compuxen xunto ao meu produtor, Favián Lobo, que é de Miami, aínda que agora está en España”.

Sobre a viaxe a San Marino, aínda que tivo que organizalo todo en poucos días, porque lle comunicaron a súa selección o pasado xoves, opina que “merecerá a pena”.

“Marcho este mércores de Lourenzá para chegar alí o venres, un día antes do casting".

Tócame o primeiro dos cen artistas que elixiron entre os mil que nos presentamos. Deses cen, escollerán cincuenta para participar nas dez semifinais que haberá previas ao festival Una voce per San Marino, explicou.

A alcaldesa de Lourenzá Rocío López dixo que os veciños do municipio están “orgullosos de que un laurentino os represente nun evento así”.

“Coñezo a Jonathan desde que era neno. Sempre tivo vocación pola música. Sempre loitou polo seu soño e estou segura de que cada vez está máis preto de conseguilo”, engadiu. 

Jonydasvie estivo no Luar de Televisión de Galicia

Jonydasvie estivo cantando no luar a canción "Mala Suerte", a mesma que podemos escoitar no seu videoclip en castelán e que ten colgado no súa conta de Youtube. No programa de Televisión de Galicia "Luar", cantouna en galego.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade