Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un cento de avistamentos de mosquitos tigre en tres semanas

Un cento de avistamentos de mosquitos tigre en tres semanas

A Xunta vai facer unha campaña informativa en farmacias

En menos dun mes, un cento de avisos na plataforma mosquitoalert.com

G24.gal 02/09/2023 12:20 Última actualización 02/09/2023 12:48

Nas vindeiras semanas, a Xunta vai facer unha campaña informativa sobre o mosquito tigre nas farmacias. Hai preocupación pola expansión deste insecto, que xa se detectou en concellos do Morrazo, e en Vigo, Redondela e Soutomaior. 

Os primeiros exemplares do mosquito tigre detectáronse en Moaña o 9 de agosto. Nestas tres semanas xa se comunicaron ao redor dun cento de avistamentos a través da aplicación Mosquito Alert, unha plataforma de ciencia cidadá impulsada por varios centros de investigación para ter baixo control esta especie invasora.

"É moi difícil contelo. A erradicación, oxalá, pero é un mosquito que se adapta perfectamente e temos unhas condicións climáticas ideais porque require choiva e temperaturas suaves".

A maior parte das notificacións proceden da zona de Moaña. Tamén houbo avistamentos en Vigo, Redondela e Soutomaior. Os mosquitos poden criar nun testo ou nun tapón con auga.

"Case o 80 % dos focos de cría están en domicilios particulares, onde as autoridades non podemos chegar. Eliminar todos estes acúmulos de auga en pequenos depósitos".

O fin é atrasar o posible a expansión do mosquito tigre. As autoridades aconsellan á poboación que vive nas zonas onde se detectou, usar repelentes, roupa longa e de cores claras. 

"Imos facer campañas informativas, entre esta semana e a que vén nas farmacias porque é o primeiro punto, son as redes sentinela, cando hai picaduras imos á farmacia".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade