Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un cruceiro de luxo fondea nas illas Cíes

Un cruceiro de luxo fondea nas illas Cíes

É un buque de expedición que fomenta o turismo medioambiental por todo o mundo

Unha escala de cinco horas con pasaxeiros procedentes principalmente de Alemaña

Este barco, con casco reforzado, xa estivo na Antártida e nos fiordos chilenos 

0 seconds of 0 secondsVolume 50%
Press shift question mark to access a list of keyboard shortcuts
Keyboard Shortcuts
Play/PauseSPACE
Increase Volume
Decrease Volume
Seek Forward
Seek Backward
Captions On/Offc
Fullscreen/Exit Fullscreenf
Mute/Unmutem
Seek %0-9
00:00
00:00
00:00
00:00
 
G24.gal 08/05/2022 20:40 Última actualización 08/05/2022 20:49

O Hansetic Nature, non é un cruceiro calquera. Coas primeiras luces do día entraba na ría de Vigo para realizar unha parada moi especial. Con 90 pasaxeiros a bordo e 115 tripulantes, tiraba amarrabas nas illas Cíes. 

E con esas premisas, os seus pasaxeiros, maioritariamente alemáns, comezaban a despregarse polas illas ás que chegaban en distintas embarcacións. A partir de entón, comezaron un percorrido por este enclave natural acompañados por varios guías.

A súa escala foi de apenas cinco horas. E dende logo que marcharon con moi bo sabor de boca, puntuando as illas no top número tres do mundo.

Este buque de expedición, non apto para todos os petos, navega por zonas pouco frecuentadas. Xa estivo na Antártida ou nos fiordos chilenos. Ten un casco reforzado contra o xeo e tecnoloxía de primeiro nivel. Todo o necesario para chegar a puntos do planeta onde a natureza e a paisaxe son as únicas protagonistas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade