Un erro a catro segundos do final condena o Guardés
Un erro a catro segundos do final condena o Guardés
Todo sucedeu nos últimos cinco segundos e xusto despois de acadar o empate
Logo de acadar a clasificación para a seguinte rolda europea, o Atlético Mecalia Guardés perdeu contra Unicaja Banco Gijón 23-22. O partido foi dominado polo conxunto local, pero as galegas nunca estiveron demasiado lonxe no marcador. Ao descanso a diferenza era de dous puntos, 13-11.
A falta de cinco minutos as de Prades colocaban o 19-20 e contemplaban máis preto o triunfo, pero nada máis lonxe da realidade. Unicaja deulle a volta ao marcador e púxose por diante. A falta de seis segundos, o resultado era de 22-21.
E aí chegou a emoción, con desenlace agre para as da Guarda. Andreia da Silva anotaba o empate no 29:55 e xusto na seguinte xogada, un segundo despois, María Palomo marcaba a porta baleira o definitivo 23-22. Un erro que, sen dúbida, era evitable e condenou ao Guardés a marchar de Xixón sen premio ningún.