Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un gol de Pablo Durán no tempo engadido manda a eliminatoria empatada a Málaga (2-2)

Un gol de Pablo Durán no tempo engadido manda a eliminatoria empatada a Málaga (2-2)

O Celta Fortuna dominou a primeira parte e o Málaga remontou na segunda

Cando o 1-2 parecía definitivo, chegou a xogada salvadora

O filial terá que gañar nos 90' ou na prórroga para estar na final

G24.gal 01/06/2024 21:17

O mellor do Celta Fortuna aconteceu no primeiro cuarto de hora. Dominador desde a posesión e entrando fácil pola esquerda. Así foi a xogada do primeiro gol. Apertura magnífica de Raúl Blanco e resolución de categoría de Alfon. Minuto 14. 

A eliminatoria arrancaba de luxo pro filial. Pero a labazada espertou o Málaga que aos poucos comezou a mellorar. Larrubia estampaba o primeiro aviso contra o pau. E a seguir o Celta enganchaba unha contra con Raúl Blanco de protagonista. A súa marabillosa intención topou co longueiro. Así alcanzamos o intermedio. 

O Celta mandaba no marcador, pero o partido estaba equilibrado.

A volta o Málaga subiu un punto, axudado por un córner que lles deu pro empate e no que o Celta protestou unha falta anterior. O centro de Manu Molina cabezouno Genaro. 1-1. E un feixe de protestas. Protestas que descentraron aos galegos e trouxeron os mellores minutos visitantes. Certo é que aí Hugo Álvarez volveu deu co pau e todo puido cambiar....  Como tamén que foi o Málaga o que obtivo recompensa cun penalti de Rully a Roberto. Claro. Penalti que aproveitou o propio Roberto. Minuto 60, 1-2. 

E logo tocou apelar a heroica e buscala de todos os xeitos. E foi na compensación cando Hugo inicio, Bruno encontrou e Pablo Durán definiu. Gol de Pablo Durán para viaxar a Málaga coa eliminatoria empatada. Para amosar que estes rapaces non entenden de presión e si de alimentar soños.     

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos