Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un gol nos últimos minutos impide o segundo triunfo do Compostela

Un gol nos últimos minutos impide o segundo triunfo do Compostela

Caballé marcou ao principio do partido, pero o Covadonga pelexou ata lograr a igualada no 84'

G24.gal 16/09/2023 20:33

Escapoulle o triunfo ao Compostela no campo do modesto Covadonga (1-1). Puido ter sentenciado o partido antes pero non marcou o segundo tanto e acabou sufrindo diante do empurre do cadro asturiano. 

Non puido comezar mellor o partido, cun gol de Caballé cando só se levaban 6 minutos de encontro. O Compostela soubo adaptarse ao céspede artificial e dimensións do campo do Covadonga. Manu Barreiro gozou dalgunha boa ocasión para marcar o segundo, pero o dianteiro santiagués non estivo tan atinado como na xornada pasada. 

Co paso dos minutos os locais foron crendo na posibilidade do empate e acabaron acadándoo no 84 cun gol de Vicente. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade