Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un grave erro do porteiro Ruly evita o triunfo do Celta Fortuna

Un grave erro do porteiro Ruly evita o triunfo do Celta Fortuna

O Real Unión empatou no minuto 94 o gol inicial de Javi Rodríguez

G24.gal 18/02/2024 14:05

Sexta xornada sen gañar do Celta Fortuna que quedou ás portas de acadar a vitoria no campo do Real Unión. Unha desafortunada acción do porteiro Ruly García no minuto 94 evitou a vitoria (1-1). 

No primeiro tempo avisou o Celta cun remate de Javi Rodríguez. Houbo un par de xogadas polémicas por unhas mans de Manel Fernández e unha caída de Pablo Durán na frontal da área. Pero a máis conflitiva foi un gol anulado ao propio Durán despois de que o colexiado castigase con fóra de xogo unha posición de Javi Rodríguez que semellaba correcta. 

No segundo tempo houbo menos ocasións pero o Celta Fortuna conseguiu adiantarse grazas ao tino do lateral Javi Rodríguez, omnipresente en todas as xogadas de ataque do seu equipo. 

Semellaba ter o partido controlado o Celta que levaba un punto dos últimos quince. Pero co Real Unión pendurando balóns sobre a área chegou o erro de Ruly que aproveitou Alberto Solís, ex xogador do Celta B, para aproveitalo e empurrar o definitivo empate a un. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar