Un gromo nunha residencia en Sarreaus afecta 13 persoas
Un gromo nunha residencia en Sarreaus afecta 13 persoas
Os infectados son 9 usuarios e 4 traballadoras
Todos eles están asintomáticos ou moi leves
Foi o positivo dunha traballadora, hai unha semana, o que destapou un gromo de covid na vivenda comunitaria de Lodoselo, en Sarreaus. Dos 12 usuarios hai 9 contaxiados. ademais de 4 empregadas. Todos eles están asintomáticos ou moi leves.
Este martes realizouse outro novo cribado a todo o persoal do Centro de Desenvolvemento Rural do Viso que xestiona a residencia así como un centro de inclusión e outros de información xuvenil. Non se detectou ningún positivo novo polo que o gromo só afecta á vivenda comunitaria.
En toda Galicia hai un total de 17 usuarios de centros de maiores contaxiados, 9 deles corresponden a este gromo de Sarreaus.
A área sanitaria de Ourense segue a ser a presenta unha maior incidencia da covid en Galicia con 836 positivos. Nas últimas horas detectáronse un cento de casos novos e medraron o número de hospitalizados. Neste intre hai 2 na UCI, que quedara baleira no día de onte, e 5 máis en planta onde o total de ingresados chega xa a 19.