Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un grupo de mozos e mozas leva o K-pop ás rúas de Ourense

Un grupo de mozos e mozas leva o K-pop ás rúas de Ourense

Crean as súas propias coreografías para pezas de grupos coreanos

Non desbotan dedicarse profesionalmente á música

G24.gal 30/03/2023 19:09 Última actualización 30/03/2023 19:32

Os peiteados, a roupa, os movementos... estes mozos de Ourense seguen fielmente todo o que significa o K-pop. Levados pola súa paixón, ensaian todas as semanas as coreografías e, de cando en vez, sorprenden os veciños cos seus bailes en plena rúa.

Lullabyz, que significa canción de berce, esperta a curiosidade na rúas de Ourense. Os seus 14 membros teñen o K-pop como un xeito de diversión, pero non desbotan dar o paso a profesionalizarse.

Para ter listos tanto os bailes como o estilismo e a posta en escena precísase de moitas horas de traballo. Este grupo de artistas é totalmente autodidacta e son eles mesmos os que deseñan todo o espectáculo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade