Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un home acepta tres anos de cárcere por un intento de violación a unha menor en Lugo

Un home acepta tres anos de cárcere por un intento de violación a unha menor en Lugo

Os feitos remóntanse a xullo de 2023, cando o home atopábase nunha zona pública de Lugo en compañía da moza, que naquel momento era menor de idade e que, debido a que estaba baixo os efectos do alcol, non se atopaba en condicións para decidir

Segundo os feitos relatados na vista de consentimento, o home, aproveitando esta situación de falta de conciencia total, retiroulle a roupa e tentou consumar o acto sexual

G24.gal 17/02/2025 13:00

Un mozo aceptou este luns unha pena de prisión de tres anos tras recoñecerse ante a Audiencia Provincial como autor dun delito de violación, en grao de tentativa, a unha menor de idade en Lugo.

Os feitos remóntanse a xullo de 2023, cando o home atopábase nunha zona pública de Lugo en compañía da moza, que naquel momento era menor de idade e que, debido a que estaba baixo os efectos do alcol, non se atopaba en condicións para decidir.

Segundo os feitos relatados na vista de consentimento, o home, aproveitando esta situación de falta de conciencia total, retiroulle a roupa e tentou consumar o acto sexual. Tras a denuncia e a posterior detención, impúxoselle unha pena privativa de liberdade provisoria sen fianza e iniciouse o proceso cunha petición de cinco anos de cárcere.

Ao final, a fiscal chegou a un acordo coa defensa, polo que o home pasará tres anos en prisión, xa en execución, ademais de impoñérselle a prohibición de comunicarse con ela nun prazo de dez anos e de achegarse a menos de 500 metros. Unha vez terminada a condena, aceptou tamén outros cinco anos de liberdade vixiada e dez de inhabilitación especial para profesión, oficio de actividades, sexan ou non retribuídas, que implique o contacto regular e directo con menores de idade, así como outros seis que lle impedirán o exercicio dos dereitos da patria potestade, tutela ou curatela. Finalmente, o home deberá indemnizar á moza con 8.000 euros en concepto de danos morais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade