Publicador de contidos
Publicador de contidos

Traga a cocaína mercada ao ser descuberto pola polícia de Pontevedra

Traga a cocaína mercada ao ser descuberto pola polícia de Pontevedra

Os axentes chamaron unha ambulancia, pero o consumidor colleu despois a alta voluntaria

O vendedor foi detido no momento da transacción na beira do río Gafos

G24.gal 28/03/2023 13:57

Foi na noite do venres cando unha patrulla local sorprendía un home comprando cocaína no seu coche preto do río Gafos. Querendo desfacerse da proba, non tivo mellor idea que tragala, para desconcerto dos axentes, que tiveron que chamar unha ambulancia. 

"De xeito moi rápido meteu na boca algo que tiña na man, posteriormente recoñece que era medio gramo de cocaína. É un home maior, de 45 anos, e deciden chamar unha ambulancia polo risco da acción, pero finalmente rexeita a asistencia sanitaria xa que os facultativos non consideran que sexa unha inxesta moi grave", explica Manuel Omil, voceiro da Policía Local de Pontevedra.

O home, que ademais conducía baixo os efectos doutros estupefacientes, colleu a alta voluntaria. Enfróntase a unha sanción de tráfico e outra administrativa polo consumo da cocaína que pagara por Bizum minutos antes.

"Ultimamente vemos que cada vez é máis habitual usar o Bizum neste tipo de transaccións. Quizais sexa máis rápido, pero tamén é un xeito de constatar que o pago foi feito nese intre, unha proba máis no xulgado", comenta o voceiro da Policía Local de Pontevedra.

O vendedor foi detido no mesmo momento con máis mercadoría enriba. Non era coñecido pola policía e agora está pendente de xuízo por un delito contra a saúde pública.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade