Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un incendio declarado no antigo cuartel de Ferrol evidencia a presenza de ocupantes ilegais

Un incendio declarado no antigo cuartel de Ferrol evidencia a presenza de ocupantes ilegais

A rápida intervención dos bombeiros evitou que o lume se estendera polo edificio 

Os veciños din que non son conflitivos pero piden a retirada do lixo que amorean

Antigo cuartel Sánchez Aguilera de Ferrol onde se declarou o incendio
Marta González Salve 08/12/2021 13:56

O incendio declarouse contra as nove da noite deste martes nun habitáculo situado na parte posterior da edificación pertencente ao antigo cuartel Sánchez Aguilera.

Tras a extinción na que actuou unha unidade dos bombeiros de Ferrol, comprobaron que non había persoas no interior. Na inspección detectaron indicios de ocupación de edificio e das posibles causas do lume.

A presenza de ocupantes ilegais no inmoble non é nova para os veciños desta zona que temen que algún día se produza unha desgraza xa que non é a primeira vez que se declara un incendio.

O edificio xa foi desaloxado en varias ocasións sen éxito. Os veciños din que o ir e vir de xente é constante pero aseguran que non son conflitivos. Aínda así reclaman que se limpe a contorna do inmoble onde se amorea cantidade de lixo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade