Un local de ocio da Coruña recolle axuda humanitaria para Turquía
Un local de ocio da Coruña recolle axuda humanitaria para Turquía
O material e os alimentos sairán a próxima semana desde a embaixada en Madrid
Os terremotos de Turquía e Siria están provocando unha marea de solidariedade. Toda a comunidade internacional mobilizouse para axudar nos rescates dos milleiros de persoas atrapadas baixo os entullos e a axuda humanitaria vai chegando desde lugares de todo o mundo, tamén desde Galicia.
A Coruña puxo en marcha unha campaña de recollida de material e alimentos centralizada no Noll Shisha Lounge Bar, en Matogrande. Precísase sobre todo roupa de abrigo, mantas, tendas de campaña, sacos de durmir, termos e lanternas. Tamén se recollen alimentos non perecedoiros e leite de fórmula para bebés.
Todas as doazóns enviaranse a próxima semana á embaixada turca en Madrid, centro loxístico desde onde se coordinan os envíos de axuda para Turquía.