Centos de miles de persoas protestas en Istambul contra a detención do alcalde
Os universitarios que creceron á sombra do presidente turco, lideran a protesta contra o encarceramento do dirixente opositor
Centos de milleiros de persoas protestaron outra vez nas rúas de Istambul este sábado contra a detención do alcalde da cidade, Ekrem Imamoglu, máximo rival político do presidente Erdogan. Unhas manifestacións en Turquía que están a ser protagonizadas por unha maioría de estudantes, unha xeración que creceu á sombra de Erdogan e que di basta.
As protestas sucédense desde o arresto de Imamoglu. A determinación dos universitarios fixo que o partido do alcalde, que o ía proclamar candidato ás presidenciais, fixera un chamamento a tomar as rúas e prazas do país.
Os que agora protagonizan as mobilizacións, uns 30 millóns de turcos, un terzo da poboación, non coñeceron outro goberno que o de Erdogan, que ascendeu ao poder en 2003 e non o deixou desde aquela. Non temen a represión e os seus lemas repítense contra os que ocupan o poder para rebater a aqueles que os cualifican de apolíticos.