Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un mal último cuarto cústalle moi caro ao Breogán (90-72)

Un mal último cuarto cústalle moi caro ao Breogán (90-72)

Os de Mrsic entraron metidos no partido (64-61) pero un parcial de 11-0 acabou por sentenciar

G24.gal 29/09/2024 19:07

O Breogán aguantou ata o último cuarto na pista do Bilbao Básket pero acabou perdendo con claridade lamentando uns dez minutos finais para esquecer tanto en defensa como en ataque.

Os dous equipos tanteáronse nunha primeira metade moi igualada. Comezou por diante o equipo lugués pero o primeiro cuarto rematou con vantaxe do Bilbao Básket (22-17). As diferenzas movíanse derrador dos cinco puntos a prol dos locais e cun Breogán que funcionaba en ataque grazas ao acerto de Hilliard (11 puntos no descanso). Ao tempo de lecer o resultado era de 42-39.

Deu un tirón o Bilbao (50-39) pero o tino de Moore permitía que o Breogán se volvese a meter (56-54). Entrábase no derradeiro cuarto cun 64-61 e todo por decidir. Ata que o Bilbao encadeou un parcial de 11-0 (75-61) que acabaría co partido. No Breogán cada un empezou a facer a guerra pola súa conta e o marcador acabou cunha diferenza ampla (90-72). 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade