Publicador de contidos
Publicador de contidos

Denis Genreau é a terceira incorporación invernal do Deportivo

Denis Genreau é a terceira incorporación invernal do Deportivo

O centrocampista franco australiano ten 25 anos e chega do Toulouse, da Ligue 1 francesa

G24.gal 31/01/2025 20:34

O Deportivo segue incorporando efectivos para a parte final do campionato. Se o xoves reforzaba a dianteira, este venres tocoulle ao centro do campo con Denis Genreau. Un xogador de 25 anos, franco australiano, que militaba na primeira división francesa (Ligue 1) no equipo do Toulouse. 

Nado en Francia pero internacional con Australia, Genreau busca na Coruña os minutos que non tiña ata o de agora. Xogou 8 partidos no que levamos do campionato, só dous como titular. Viña de ser titular a temporada pasada na que o Toulouse acadou o ascenso á máxima categoría. 

Con anterioridade xogou no Melbourne City, no Zwolle dos Países Baixos ou no MacArthur australiano. Debutou coa selección en xuño de 2021 nun partido clasificatorio para o Mundial de 2022. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade