Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pablo Prieto anuncia unha liña "continuísta" co proxecto que iniciara Louzán

Pablo Prieto anuncia unha liña "continuísta" co proxecto que iniciara Louzán

A Cidade da Cultura acolleu o acto de presentación do novo Presidente da Federación Galega de Fútbol

G24.gal 31/01/2025 20:58

Tras tomar posesión este xoves, o venres tivo lugar na Cidade da Cultura o acto de presentación do novo presidente da federación galega de Fútbol, Pablo Prieto. O máximo mandatario do fútbol galego estivo arroupado por numerosas autoridades entre elas o seu predecesor e agora presidente da Federación española de fútbol, Rafael Louzán, quen non quixo facer declaracións aos medios. Pablo Prieto presentou o seu proxecto para o fútbol galego, un proxecto que definiu como continuista. 

Prieto ten unha longa traxectoria no fútbol sala. En equipos como O Parrulo, Azkar, Melilla, Sevilla ou Talavera. Nos últimos anos adicados a este deporte foi seleccionador de Libia e pasou por dous equipos dos Emiratos Árabes. Ten o Curso Superior de Director Deportivo e dentro dos clubs exerceu todo tipo de cargos, desde adestrador ata a dirección deportiva. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade