Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dous anos de sanción para un dos agresores do partido de veteranos de Meicende

Dous anos de sanción para un dos agresores do partido de veteranos de Meicende

Outros catro implicados foron sancionados con varios partidos de suspensión

G24.gal 22/02/2024 10:03

O Comité de Competición e Disciplina da Federación Galega de Fútbol (RFGF) acordou este mércores sancionar aos implicados na pelexa que se produciu no encontro entre o Campanal e o Silva S. D., da Terceira Galicia de Veteranos o pasado domingo en Meicende (Arteixo) 

O organismo determinou impoñer a sanción máis alta -dous anos de suspensión- para Marcos Antonio Andrade, do Campanal de Loureda, por “agredir a outros levando a cabo a acción con inequívoco propósito de causar dano e orixinando lesión de especial gravidade -cava da mandíbula-”.

A Iván Moreira e Edwin Leiva, xogadores do Silva, impúxolle 10 partidos de sanción por “agredir a outro, sen causar lesión, ponderándose como factor determinante do elemento doloso, necesario nesta infracción, a circunstancia de que a acción teña lugar estando o xogo detido”. Guzmán Melgarejo e José Pereira, ambos xogadores do Silva, foron castigados con oito partidos.

Contra esta do Comité de Competición e Disciplina da Federación Galega de Fútbol (RFGF) resolución poderá impoñerse recurso ante o Comité de Apelación da federación galega. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade