Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Federación Galega de Fútbol suspende o agresor do partido en Boiro

A Federación Galega de Fútbol suspende o agresor do partido en Boiro

O gardameta do Carreira acusado de agredir un xogador do Boiro durante un partido de veteranos estará suspendido temporalmente

G24.gal 24/01/2024 11:31

A Federación Galega de Fútbol decidiu suspender temporalmente o agresor do partido de veteranos en Boiro desta fin de semana.

O Comité de Competición e Disciplina explica que o incidente rexistrado durante ese encontro, entre os veteranos do Oasis de Boiro e os do Carreira podería ser un acto de agresión moi grave.

De feito, o xogador agredido do equipo local tivo que ser trasladado ao hospital en estado semiinconsciente. 

O futbolista agredido xa presentou unha denuncia este luns ante a Garda Civil. Por outra banda, o xogador sancionado ten agora dous días para presentar as súas alegacións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade