Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un mísil balístico disparado desde O Iemen activa as alarmas no centro de Israel

Un mísil balístico disparado desde O Iemen activa as alarmas no centro de Israel

Feridas varias persoas de camiño aos refuxios antiaéreos

Un policía israelí no lugar onde impactou o mísil. REUTERS/Ronen Zvulun
G24.gal 15/09/2024 08:21 Última actualización 15/09/2024 10:15

As alarmas antiaéreas soaron á primeira hora deste domingo no centro de Israel tras a chegada dun mísil balístico disparado desde O Iemen, segundo confirmou o Exército hebreo nun comunicado no que aínda non detallou se lograron interceptalo.

"Identificouse un mísil terra-terra que cruzaba cara ao centro de Israel e caeu nun espazo aberto. As explosións que se escoitaron hai uns minutos son os mísiles interceptores. O resultado desas interceptacións están baixo investigación", indican no texto.

De acordo co servizo de emerxencias israelí Magen David Amon, os seus paramédicos están a tratar unhas cinco persoas, incluídas mulleres, que quedaron feridas leves no seu camiño aos refuxios aos que se desprazaron tras escoitaren as sirenas.

O Exército avanzou que non hai cambios nas directrices para a poboación civil tras este incidente. Vídeos publicados en redes sociais amosan fume elevándose desde as matogueiras, aparentemente de metralla, preto da autoestrada Ruta 1.

Outra imaxe tamén amosa os danos na escaleira mecánica dunha estación de tren na contorna de Modin, a uns 25 quilómetros, ao leste de Tel Aviv. A Policía israelí, segundo recolle a prensa, está a buscar restos de metralla por esta zona.

Solidariedade co pobo palestino

Tras o inicio da guerra en Gaza, os rebeldes hutís proiranianos reivindicaron o lanzamento de drons e proxectís en territorio israelí, así como ataques no Mar Vermello contra barcos xudeus, igual ca o grupo libanés Hizbulá na fronteira, en solidariedade co pobo palestino.

O 19 de xullo un dron que os hutís recoñeceron disparar impactou contra un edificio de Tel Aviv e matou unha persoa e feriu outras oito. A explosión produciuse sen que soasen previamente as alarmas antiaéreas algo que Israel xustificou polo tipo de dron utilizado.

Tanto os hutís como Hizbulá insisten en que os seus ataques contra territorio israelí cesarán cando Israel poña fin á súa guerra na Franxa de Gaza con case 41.200 mortos. Mentres non se produza, o temor da comunidade internacional á expansión dun conflito rexional segue latente.

A escalera mecánica da estación de tren supostamente afectada A escalera mecánica da estación de tren supostamente afectada
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade