Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un novo triunfo na milagre do Cangas que xa suma 18 puntos

Un novo triunfo na milagre do Cangas que xa suma 18 puntos

G24.gal 12/12/2021 21:26

Na Liga Asobal, o Frigoríficos do Morrazo acadou unha nova vitoria no Gatañal, e foi contra un dos rivais máis fortes da competición. Trinta a vinte e oito a prol dos cangueses diante do Logroño, que chegaba como terceiro clasificado, e marcha con só dous puntos máis na táboa.

Os de Nacho Moyano, que ascenden á quinta praza, foron por detrás durante vinte minutos pero, cando se puxeron por diante, xa non deixaron fuxir o partido. O triunfo foi resultado dunha gran actuación coral, con 5 xogadores con catro ou cinco goles. No equipo rioxano non abondaron os dez tantos que anotou Álex Rubiño.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade