Publicador de contidos
Publicador de contidos

O 100% do público ampara a Breogán e Obradoiro esta xornada

O 100% do público ampara a Breogán e Obradoiro esta xornada

6 dos 7 triunfos do Obradoiro foron na casa. 8 dos 11 do Breogán tamén

G24.gal 11/03/2022 21:41

Xusto dous anos despois,o Pazo e o Sar recupera o seu esplendor. 100% de capacidade permitida para os afeccionados do Breo e do Obra, que dispoñen dunha inmellorable oportunidade para empurrar os seus equipos cara os obxectivos. O inmediato, hoxe, é para o Rio Breogán, que busca a sombólica vitoria 12 diante dun Bilbao que hai ben pouco foi capaz de gañar seis partidos seguidos.

Tamén chega en forma o Baskonia, o rival de mañá dun Obradoiro agobiado na zona baixa. No día da estrea de Phillip Scrubb, os santiagueses buscan dar coa tecla.

6 dos 7 triunfos do Obradoiro foron na casa. 8 dos 11 do Breogán tamén. A sinerxia público - equipo será fundamental.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade