Un penalti transformado por Álex mantén a serie vitoriosa do Arenteiro
Un penalti transformado por Álex mantén a serie vitoriosa do Arenteiro
Os do Carballiño xa son terceiros na 2.ª RFEF despois de gañar en Palencia (0-1)
O mércores terán a opción de clasificarse para xogar a Copa do Rei
Terceira semana consecutiva encadeando partido mercores-domingo, pero a este Arenteiro non hai quen o pare. Avanza na Copa Federación, na que está a un só partido de clasificarse para xogar a Copa do Rei, e marcha con paso firme na 2.ª RFEF, onde ocupa a terceira posición, só por detrás de Valladolid Promesas e Guijuelo.
Mereceu gañar o encontro no campo do Palencia Cristo Atlético e resolvelo antes e con máis contundencia. Dispuxo de moitas oportunidades, con dos paus incuídos, e tivo que agardar ao treito final do encontro para atopar a acción que deu orixe ao gol. Un penalti cometido sobre Manín Gonzaga que transformou Álex Fernández.