Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un profesor xubilado do Pereiro de Aguiar aproveitou o confinamento para dedicarse á pintura

Un profesor xubilado do Pereiro de Aguiar aproveitou o confinamento para dedicarse á pintura

En menos de dous anos xa pintou 18 cadros ao óleo

As súas obras recollen paisaxes e escenas humanas de Ourense

G24.gal 17/12/2021 12:58

Retratos familiares, as mascotas da casa e, sobre todo, paisaxes da provincia de Ourense e escenas da vida cotiá no rural. É a temática dos cadros de Antonio Carrera, un profesor xubilado do Pereiro de Aguiar que aproveitou os meses de confinamento e peche perimetral para dedicarse plenamente á pintura, algo que sempre tivo en mente pero nunca puidera desenvolver.

Os cadros servíronlle para levar mellor os meses máis duros da pandemia e para expresar o seu don.

Antonio é completamente autodidacta. Todas as técnicas aprendeunas en manuais que el mesmo conseguiu. Di que non lle gusta a pintura abstracta e por iso prefire recrear nos seus cadros escenas que contempla dende a súa casa ou imaxes que tomaron fotógrafos ourensáns de sona como Cid, Guede ou Lima, a quen agradece o seu traballo.

Iso si, tenta que as súas obras teñan un toque moi persoal e non sexan meras copias. No canto de deprimirse ou ver o confinamento como unha limitación, este profesor de matemáticas xubilado aproveitou as restricións á mobilidade para dar saída a unha capacidade que levaba dentro pero nunca puidera desenvolver plenamente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade