Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un tiroteo no Brasil con repercusión en Santa Comba

Un tiroteo no Brasil con repercusión en Santa Comba

Un empresario do Río de Xaneiro orixinario do lugar do Couto quedou ferido de bala nun ombreiro

Dispararon reiteradamente contra o seu coche, supostamente coa intención de que se detivera para roubarllo

G24.gal 22/03/2023 14:53

O impacto dun tiroteo no Río de Xaneiro pódese sentir como algo moi próximo a miles de quilómetros de distancia. En Santa Comba tivo repercusión estes días o suceso en que quedou ferido un membro da numerosa comunidade de veciños do Xallas que viven no Brasil. 

Juan Landeira quedou ferido nun ombreiro polas balas que atravesaron o seu coche por todos os costados, segundo se pode ver nas imaxes emitidas por unha canle de televisión do país. Circulaba por unha avenida da zona portuaria carioca cando recibiu os disparos.

O seu irmán José, que segue vivindo na aldea do Couto, de onde procede toda a familia, conta que xa está de novo na casa, tras varios días de estancia no hospital. 

Os veciños do Couto xa teñen experiencia de vivir sucesos semellantes, nalgún caso cun desenlace fatal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade