Unha aldea da Estrada segue sen acceso a Internet desde o paso de Karlotta
Unha aldea da Estrada segue sen acceso a Internet desde o paso de Karlotta
Os raios estragaron electrodomésticos en tronzaron o cable da rede de telefonía
Os afectados denuncian a demora nas reparacións porque non poden teletraballar ou acceder ao servizo de teleasistencia
O día que a borrasca Karlotta bateu con máis forza en Galicia, os que viven na parroquia de Arca, na Estrada, pasaron un bo susto por os raios asociados ás treboadas. O máis estrondoso caeu nunha árbore da Atalaia, no lugar de Amarelle, e estragou o muro da entrada, facendo saltar o contador da luz que estaba integrado nas pedras.
"O lóstrego dun trono deixounos sen tele e sen teléfono".
"Estremecemos todos; parecía que caía a casa".
O susto xa foi pasando, pero o que se mantén igual case dúas semanas despois son os danos que provocaron os raios nos electrodomésticos e na rede de telefonía e Internet.
"Non hai unha casa que non lle falte algo. Estamos cansos de chamar e non veñen".
"A televisión non nos importa moito, pero o teléfono...".
Un dos cables da rede de fibra quedou tronzado por completo, deixando incomunicados os que precisan desta conexión para teletraballar ou para manterse conectados á rede de teleasistencia.