Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os expertos advirten dos riscos de cargar os móbiles na cama, xa que poden estoupar

Os expertos advirten dos riscos de cargar os móbiles na cama, xa que poden estoupar

Non é habitual que estoupen, pero pasa, e ás veces con consecuencias tráxicas: en Guillena (Sevilla) morreu unha familia enteira nun incendio que se orixinou nun móbil que estaba cargando

G24.gal 11/10/2024 15:41

Non é algo habitual, pero pasa cada certo tempo, e ás veces con consecuencias tráxicas, como pasou en Guillena, onde morreu unha familia enteira nun incendio. Falamos de que estoupe un teléfono cando se está cargando. Os expertos fan diversas recomendacións para evitalo.

Ás veces aparecen problemas pola deformación na batería, provocada polo uso. É a consecuencia do paso do tempo e, sobre todo, dun sobrequecemento, que podemos evitar cun uso correcto. Por exemplo, usar compoñentes orixinais, e mentalos vixiados mentres cargan.

Tamén é imprescindible non expoñelos a fontes de calor, como pode ser a consola de mandos do coche en verán ou encima dun radiador. Móbiles e outros dispositivos como tabletas ou patinetes eléctricos levan baterías de litio, un material que é excelente condutor da electricidade, pero que fai que o dispositivo se poida requentar. 

E sobre todos estes consellos, un, o máis importante: baixo ningún concepto cargar o móbil na cama e deixalo pousado sobre a almofada. Un pequeno xesto que pode saírnos moi caro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade