Publicador de contidos
Publicador de contidos

Queixas pola mala cobertura de telefonía móbil e Internet nunha aldea de Vilagarcía

Queixas pola mala cobertura de telefonía móbil e Internet nunha aldea de Vilagarcía

O problema aféctalles a unhas 70 casas de Castroagudín, situada a catro quilómetros do concello arousán

G24.gal 28/09/2024 14:39 Última actualización 28/09/2024 20:39

"Se quero falar teño que vir aquí fóra, e coma min outros veciños que teñen que moverse polos camiños. É así en toda a aldea", di un veciño.

"Estamos como se estiveramos incomunicados", di unha veciña

En Castroagudín, no concello de Vilagarcía, levan así desde que comezou a telefonía móbil. A cobertura que teñen nas arredor de 70 casas desta aldea é moi deficiente. Para poder falar teñen que achegarse aos poucos recunchos onde o sinal entra con suficiente intensidade.

"Estás dentro da casa e nun cuarto si e noutro non. Nalgunhas zonas a cobertura é nula", di un veciño

"Hai que buscar o sitio onde poidas falar un pouco, se non nada", di outra veciña

Coa conexión a Internet a situación é semellante. Unha veciña levaba cinco anos reclamándolles a distintas compañías a instalación de fibra óptica. Por fin, este ano conseguiu que lla instalaran, aínda que o servizo, segundo di, non é bo.

"Cinco anos para que ma puxeran. Ata tiven que cambiar de compañía de alarma e nin así me puxeron a fibra. Este ano conseguino, despois de cinco anos. Tamén tiven Internet vía satélite. No verán ía ben, pero no inverno fatal".

A asociación veciñal de Castroagudín reclama unha solución para mellorar a cobertura que recibe a aldea, aínda que polo momento non tramitou ningunha reclamación oficial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade