Publicador de contidos
Publicador de contidos

O 70 % dos españois coñece as claves de acceso do móbil da súa parella

O 70 % dos españois coñece as claves de acceso do móbil da súa parella

Case a metade desa porcentaxe recoñece que espía o seu contido e que algunha vez le as mensaxes

Os expertos advirten que, se non hai consentimento, é unha violación da intimidade e un delito

G24.gal 06/10/2024 14:17 Última actualización 06/10/2024 14:44

Sete de cada dez persoas aseguran que comparten as claves do seu teléfono móbil coa súa parella e o 37 % recoñece nunha enquisa que algunha vez accede ás mensaxes que recibe. 

"Por inseguridade, se tes unha baixa autoestima, se tes moito medo ao abandono, tamén pode ser porque che foron infiel e tes moita desconfianza, tes hipervixilancia, ou porque ti es infiel e por proxección queres saber se a túa parella tamén o é. En calquera caso ver o móbil da túa parella é un delito, non se debe facer nunca", indica a psicóloga Lara Ferreiro.

Por idade, parece que os que máis espían os móbiles das súas parellas son os menores de 30 anos. 

Os expertos advirten que ese control das conversas alleas nos dispositivos móbiles, se non hai consentimento, é unha violación da intimidade e en moitos casos mesmo un xeito de control e maltrato.

"Ter o código PIN da miña parella non é patente de corso para poder ler ou ver calquera tipo de contido que poida haber nese móbil. Ten que ser cun consentimento expreso da miña parella e con coñecemento perfecto en todo momento de que vou consultar, cando e evidentemente a extensión desa consulta e o uso que vou facer dela", destaca Víctor Salgado, avogado en dereito dixital.

Dependendo dos casos, violar a intimidade da outra persoa sería un delito que podería ser castigado con ata cinco anos de prisión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade