A hiperconectividade fai que algúns volvan usar teléfonos móbiles sen Internet
A hiperconectividade fai que algúns volvan usar teléfonos móbiles sen Internet
Hai comportamentos que nos indican que podemos estar enganchados ao móbil, por iso moitos comezan a tomar decisións drásticas para limitar esas condutas
A tecnoloxía permítenos facer cada vez máis xestións co móbil, pero isto pode implicar unha adicción ao aparello. Por este motivo, son moitos os que buscan desengarcharse do dispositivo e proba diso é o aumento das vendas dos teléfonos sen conexión a Internet.
Que hoxe estamos hiperconectados é unha realidade, por iso cada vez máis persoas elixen modelos de teléfono sen Internet para tentar acadar esa ansiada desconexión.
Os expertos remarcan que o maior problema é que ninguén nos ensina a poñerlle freo á hiperconectividade dixital. Na rúa a maioría é consciente de que estamos demasiado tempo co móbil o que fai repensar moitas condutas e mesmo hai quen xa tomou unha decisión drástica.