Publicador de contidos
Publicador de contidos

O programa Fixar reúne en Laxe nómades dixitais procedentes de toda Galicia

O programa Fixar reúne en Laxe nómades dixitais procedentes de toda Galicia

O programa piloto busca fixar poboación no rural a través do coliving e o coworking nos tres centros galegos que existen deste tipo no rural

G24.gal 11/10/2024 16:24

iSlow é un dos tres centros onde se está a desenvolver o proxecto pioneiro de coliving para atraer nómades dixitais e fixar poboación no rural. Na iniciativa Fixar participan un total de 60 persoas seleccionadas procedentes de diferentes puntos do país.  

Trátase dunha aposta polo emprendemento no rural e na creación de comunidade na Galicia non urbana a través de espazos de experimentación para novos negocios ligados ao territorio e nos que os emprendedores poidan testar os seus produtos ou servizos.

Unha boa parte destas persoas participantes -entre as que se poden atopar galegos retornados ou estranxeiros afincados na nosa comunidade- residen en cidades e teñen interese en asentarse no rural galego, co obxectivo de dinamizalo e de ofrecer novos servizos e recursos nesas contornas. 

A piques de rematar os participantes destas estadías afondaron no espírito e na filosofía do coliving rural, recibiron mentorización, construíron a súa rede e traballaron en impulsar os seus negocios.  Todo coa idea de conxugar as oportunidades que ofrecen estes espazos co compromiso comunitario, coa tecnoloxía e cos beneficios do rural galego.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade