Publicador de contidos
Publicador de contidos

A dixitalización da xestión da auga arranca este mes en 27 pequenos concellos

A dixitalización da xestión da auga arranca este mes en 27 pequenos concellos

A Xunta instalará 440 estacións de control que facilitarán información en tempo real sobre a calidade e cantidade das augas

G24.gal 01/10/2024 14:45

Este mes comezan os traballos de dixitalización da xestión da auga nos concellos de menos de 20.000 habitantes. A Xunta instalará 440 estacións de control que facilitarán información en tempo real sobre a calidade e cantidade das augas, así como das posibles incidencias na subministración.

A conselleira de Medio Ambiente explicou en Vilarmaior, un dos 27 concellos que participa neste proxecto, que o obxectivo é facer a xestión da auga máis eficiente.

"Queremos ter toda a información porque tendo a información temos solución. A intención é ir ao 100 % da dixitalización, e hai que estar a carón dos concellos que teñen menos recursos, os de menos de 20.000 habitantes".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar