Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os estímulos que incitan a recaer no alcohol poden chegar a desaparecer tras seis meses de abstinencia

Os estímulos que incitan a recaer no alcohol poden chegar a desaparecer tras seis meses de abstinencia

Un estudo da Complutense de Madrid afirma que a tendencia das persoas alcohólicas a beber por situacións concretas diminúe co paso do tempo

O psicólogo Antonio Tova matiza que é "unha enfermidade crónica e ese problema vai perdurar", aínda que co tempo hai máis autonomía para controlar o risco

G24.gal 02/10/2024 19:33 Última actualización 02/10/2024 20:12

Lugares habituais onde se bebe ou incluso o cheiro dalgunhas bebidas son estímulos que poden chegar a incitar unha persoa alcohólica a recaer no consumo de alcohol. É o que se denomina nesgo de atención ao alcohol. Un estudo elaborado pola Universidade Complutense de Madrid e o Hospital Universitario 12 de Octubre asegura que esa tendencia en pacientes diagnosticados de adición diminúe coa abstinencia e chega a desaparecer aos seis meses.

Antonio Tova, psicólogo especializado en adicións, matiza esta afirmación: "Cando podemos dicir que esta persoa superou este problema? É unha enfermidade, unha enfermidade crónica, e ese problema vai perdurar. Que co tempo hai capacidade, máis autonomía de controlar as situacións de risco e de que as cousas vaian mellor? Pois evidentemente si, pero iso non pode levarnos a dicir que a partir dunha data concreta, sexan seis meses ou un ano, unha persoa xa está curada ou unha persoa xa superou o seu problema".

Para as autoras do estudo a medición do nesgo de atención pode servir como ferramenta para identificar os pacientes en risco de recaída e propoñen o seu seguimento a longo prazo e tamén a comparación con outras adiccións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade