Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha andaina ao aire libre para celebrar o Día Mundial da Saúde en Santiago

Unha andaina ao aire libre para celebrar o Día Mundial da Saúde en Santiago

A Organización Mundial da Saúde pon a atención nos dereitos sanitarios de todas as persoas

Máis da metade da poboación mundial non ten as súas necesidades sanitarias cubertas

G24.gal 07/04/2024 16:29 Última actualización 07/04/2024 18:18

No Día Mundial da Saúde colectivos sanitarios e asociacións de pacientes participaron nunha andaina en Santiago para visibilizar a importancia da vida saudable como mellor hábito de prevención da enfermidade. 

"A miña saúde é un dereito" é o lema que escolleu a Organización Mundial da Saúde para a celebración deste ano recordando que 140 países recollen na súa constitución esta garantía, pero na realidade máis da metade da poboación mundial non ten as súas necesidades sanitarias cubertas. 

O Servizo Galego de Saúde, na área de Compostela e Barbanza, quixo visibilizar esta data cunha andaina saudable na que participou máis dun cento de persoas de diferentes colectivos.

"Cremos que o máis importante é ter saúde. Temos que tratar de promover a saúde e previr a enfermidade para ter máis poboación sa", recalcou Eloína Núñez, xerente da Área Sanitaria de Santiago e O Barbanza.

A OMS pon a atención nos dereitos sanitarios de todas as persoas: recibir unha atención segura e de calidade, salvagardar a privacidade dos nosos datos médicos, ter información sobre os tratamentos que imos recibir e garantir a autonomía na toma de decisións sobre a saúde propia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade