Denuncian sexismo nunha selección de persoal en Culleredo, o tribunal desménteo
Denuncian sexismo nunha selección de persoal en Culleredo, o tribunal desménteo
As integrantes do tribunal din que nos obradoiros non hai cota establecidas para ningún colectivo
Nun centro de formación realizouse recentemente a selección de persoal para obradorio de emprego de carpintería por iniciativa dos concellos de Culleredo e da Coruña.
Os que a pasaron son todos homes, e isto levou a unha asociación que defende a igualdade a denunciar publicamente que foi unha selección sexista.
Tres das catro funcionarias que formaron o tribunal de selección para o obradoiro en cuestión amosáronse sorprendidas coa acusación de sexistas e desmontárona rotundamente.
Explican que no taller de albanelería entraron 3 mulleres e 7 homes e no de carpintería, 10 homes, porque a muller que podería pasar non cumpría unha condición básica das establecidas na normativa autonómica.
Lembran as integrantes do tribunal que nos obradoiros non hai cota establecida para ningún colectivo, feminino incluído.
Pero, precisamente, a baremación discrimina positivamente o feito de ser muller. En todo caso, insisten, o primeiro de todo é cumprir os requisitos establecidos para o acceso.